martes, 2 de febrero de 2016

martes, 6 de enero de 2015

VISITA Á RESIDENCIA

Os alumn@s de Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria visitaron a Residencia de Vila de Cruces o pasado mes de decembro.

martes, 11 de noviembre de 2014

24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. En memoria de MARÍA PORTO PUENTE

A Biblioteca “Xosé Neira Vilas” do CEIP do Foxo celebra o Día Internacional das Bibliotecas Escolares , compartindo este día co Conselleiro de Cultura e Educación, D. Xesús Vázquez Abad.
Esta celebración  foi dedicada á memoria imperecedeira da que foi mestra, coordinadora da Biblioteca e xefa de estudos do Centro, María Porto Puente.
Rosalía Morlán escribíu: E hoxe (e por sempre) no teu Xardín da Poesía haberá colgados feixes de bicos para ti.
BENVIDA E ACTUACIÓN DOS ALUMNOS DE ED. INFANTIL
Para facer posible ese desexo, os alumnos máis pequeniños deste cole elaboraron feixes de bicos con multitude de sabores, cun montón de desexos, en definitiva con moito sentimento.





VISITA Á BIBLIOTECA Xosé Neira Vilas E Á PINACOTECA Paco Lareo
O Conselleiro de Educación e Cultura e as autoridades presente s neste acto visitan as obras de ampliación da Biblioteca Escolar Xosé Neira Vilas e tamén  a Pinacoteca Paco Lareo.
 D. Xesús Vázquez Abad fai entrega  dun kamishibai e dun lote de libros para a Biblioteca.


ACTUACIÓN DOS ALUMNOS DE 1º CICLO E 2º CICLO
Continúase coa homenaxe a  María  coa intervención dos nenos e nenas deste cole mandándolle bicos de multitude de sabores e adicándolle poemas.



ACTUACIÓN DOS ALUMNOS DE 3º CICLO
Os alumnos de 5º e 6º fan unha performance co título “Nalgún lugar por riba do arco da vella. A María Porto Puente , in Memoriam”. O artista Ramiro Cimadevila, colabora neste acto coa creación do mural que foi descuberto polo artista e a directora do Centro




PRESENTACIÓN DO POEMARIO O CASTELO DA ROCHA FORTE de ROSALÍA MORLÁN  e actuación do cantautor MANOELE DE FELISA





domingo, 7 de septiembre de 2014

lunes, 30 de junio de 2014

FESTIVAL FIN DE CURSO 2013/2014

1º CICLO: "A BANDA DA RECICLAXE"





2º CICLO: Poema "XAN" de Rosalía de Castro e a obra de teatro "FÍXENME DO ATLÉTICO!!"





3º CICLO: "MIRA QUE SON HAPPY ENRIBA DAQUEL PENEDO!", "CORRIDO" e "O RAP DA FORMIGUIÑA"